miércoles, 20 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 2O DE MAIO

Bos días Piruletas!

Xa chegou o mércores! a disfrutar do día con estas actividades tan divertidas que vos propoñemos!

Comezamos con a asemblea.



Agora toca moverse, si! é o momento da psicomotricidade.

Estades preparados? Pois a dalo todo!

Xa sabedes que a sesión ten tres partes: aquecemento, xogos e relaxación.

Comezamos co aquecemento:

Unha vez identificados os lados dereito e esquerdo comezamos:
1. Pés de puntiñas; 1º o dereito e 2º o esquerdo, coa pelota na man. 
2. Pés de talóns; 1º o dereito e 2º o esquerdo, coa pelota na man.

3. Punta de pé no chan e xiro o nocelo dereito e logo cambio ao pé esquerdo, coa pelota na man.

4.  Subo a perna dereita e quedo a pata coxa. Despois coa esquerda.
5. Salto cos pés xuntos. 
6. Subo o xeonllo dereito e logo o esquerdo.
7. Salto alternando os pés cara detrás e intentando tocar o cú. 
8. Pés quietos no  chan e xiro a cintura facendo pequenos círculos. 
9. Flexiono o corpo cara adiante intentando tocarme os pés sen dobrar os xeonllos. 1º toco o pé dereito e 2º o pé esquerdo. 
10. Subo o brazo dereito e logo o esquerdo.
11. Nado a "crol" cos brazos cara adiante. 
12. Nado cos brazos cara atrás. 
13. Nado "a braza" e flexiono os xeonllos ao mesmo tempo.
14. Xiro o pescozo en pequenos círculos moi despaciño para non marearnos. 

15. Movo todas as partes do corpo como se fose un bonequiño de trapo. 

Agora un pouquiño de baile con Zumba!




Moi ben chicos! así se baila!

Agora chega o momento dos xogos.
Pero esta semana propoñemos no lugar de xogos, uns pequenos retos.

Estades preparados? Xenial!


RETOS DE EQUILIBRIO



1º- Estar un minuto á pata coxa sen caerse.
Primeiro levanto a perna dereita e logo a esquerda.


2º- Manter durante 50 segundos un coxín na testa sen que se caía, á vez que vos caminando pola casa.

3º- caminar cunha pelotiña ou ovo cocido nunha culler durante un minuto sen que nos caia.



4º- Poñerlle a cola ó burro. 

Facemos un debuxo dun burro, cello, toura, ou calquer outro animal que ten cola. o pegamos na parede como se fose un póster. 

Con pano tapándonos os ollos, temos que intentar poñer a cola ao animal que fixemos cunha atado de corda, algodón, ou disco demaquillante na que lle poñeremos un pouquiño de celo para que nos pegue.


Intentaremos porñerlle a cola sen ver, guiándonos polas indicacións que nos fagan os maiores ou nosos irmáns. 



5º- Pescando macarróns. Precisamos pasta de espaguetti e macarróns en forma de tubo. Temos que coller os macarróns en forma de tubo co espaguetti que teremos na boca e levalos ata un vaso. A ver cantos somos capaces de levar!







Se conseguides superar todos os retos... merecedes a estrela de campións!

 E agora para rematar, chega o momento da relaxación.






AGORA TOMADE FORZAS..DESCANSADE UN POUCO E A MERENDAR!!

PORQUE...

IMOS A POLA LÓXICA-MATEMÁTICA!!


SUMAS E RESTAS

A manipulación é moi importante a estas idades. Antes de xuntar ou quitar nun papel, convén fácelo antes con obxectos reais e tocando. Unha boa opción que soemos ter e todas as casas son legumes ou pasta tipo macarróns. As pezas de lego sempre son un bo recurso.


Cun dado podemos facer un xogo no que teñamos que sumar os números que saian. 
Logo de xogar manipulativamente podemos pasar ao papel (5 anos):





COMO MOLA A LÓXICO-MATEMÁTICA!!

E...


CONTINUAMOS COA SEMANA DOS MUSEOS!!



A PROPOSTA DE HOXE É VISITAR...

O MUSEO DE...




PERO  ANTES DE NADA...

QUEN ERA???????????





UNHA ARTISTA CON GRAN SENSIBILIDADE!

QUEREDES SABER ALGO DA SÚA VIDA???

XENIAL!!

VEXAMOS ESTE VÍDEO!!




VERDADE QUE...

QUEREDES COÑECER ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS!!





POIS AGORA IMOS FACER UNHA VISITA O  MUSEO...


FUNDACIÓN JOAN MIRÓ






E REMATAMOS PROPOÑENDO FACER A NOSA PROPIA ESCULTURA DE MIRÓ


PERSONNAGE


AMOSA AS CORES TRADICIONAIS DE MIRÓ


MATERIAIS

PLASTICINA
PINZA DA ROUPA
CASTAÑA
PISTACHO


E ASÍ CONVÍRTESE NO CORPO DUN PERSONAXE XIGANTE...





DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN!!

E

CONTINUAMOS...

🍩CROISSANTS DE CHOCOLATE.🍩


 Hoxe poñemosvos a elaboración da receita e a folla para o recetario.
Nesta ocasión traémosvos uns deliciosos croissants de chocolate.
Podedes decoralos como máis vos guste e fagades como as facedes de seguro que estarán boísimosss.
 Preparación:

 1º Estiramos o follado.


 2º Cortamos a masa en triángulos.


 3º Facemos un pequeno corte en cada triángulo. 

4º Colocamos unha bolita de crema de cacao ( nocilla, nutella...) preto do corte que fixemos. 


5º Imos enroscando o triángulo e damos forma nos extremos.



  Se temos moldes por casa, ademais de croissants, podemos facer corazóns, estrelas recheas 
6º Metemos ao forno 10 minuto


7º Sacamos do forno, decoramos con labras de cores e..A GOZAR!!!


3 ANOS!

4 ANOS!


5 ANOS!
                  
        E non olvidedes enviarnos o resultado!!!👄





#XAQUEDAMENOS#








No hay comentarios: