miércoles, 27 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 27 DE MAIO

Bos días chicos!

Xa estamos a mércores! que rapidiño pasa a semana verdade? sobre todo se estamos tan entretidos con estas actividades que vos propoñemos.

Comezamos coma sempre coa nosa asemblea e a gráfica do tempo.



Agora toca movernos un pouquiño coa psicomotricidade!


Xa sabedes que a sesión ten tres partes: aquecemento, xogos e relaxación.

Comezamos co aquecemento:


Unha vez identificados os lados dereito e esquerdo comezamos:
1. Pés de puntiñas; 1º o dereito e 2º o esquerdo, coa pelota na man. 
2. Pés de talóns; 1º o dereito e 2º o esquerdo, coa pelota na man.

3. Punta de pé no chan e xiro o nocello dereito e logo cambio ao pé esquerdo, coa pelota na man.

4.  Subo a perna dereita e quedo a pata coxa. Despois coa esquerda.
5. Salto cos pés xuntos. 
6. Subo o xeonllo dereito e logo o esquerdo.
7. Salto alternando os pés cara detrás e intentando tocar o cú. 
8. Pés quietos no  chan e xiro a cintura facendo pequenos círculos. 
9. Flexiono o corpo cara adiante intentando tocarme os pés sen dobrar os xeonllos. 1º toco o pé dereito e 2º o pé esquerdo. 
10. Subo o brazo dereito e logo o esquerdo.
11. Nado a "crol" cos brazos cara adiante. 
12. Nado cos brazos cara atrás. 
13. Nado "a braza" e flexiono os xeonllos ao mesmo tempo.
14. Xiro o pescozo en pequenos círculos moi despaciño para non marearnos. 

15. Movo todas as partes do corpo como se fose un bonequiño de trapo. 

Agora un pouquiño de baile con Zumba!




xogos

Hoxe propoñemosvos unha serie de retos de saltos, a ver que tal o facedes.

1. Saltar todo o máis alto que poidas.
2. Dar 10 saltos seguidos sen parar (3 anos)
- Dar 20 saltos seguidos sen parar (4 e 5 anos)
3. Saltar cunha soa perna 5 saltos seguidos primeiro coa pé esquerdo e 5 co dereito. 
4. Saltar a corda a lo menos 3 veces seguidas. 
5. Saltar cunha pelota ou globo entre as pernas sen que caia a lo menos 5 veces seguidas.
Quen consiga facer estes cinco retos levará a estrela de ouro esta semana e será (non vale facer trampas, os saltos teñen que ser seguidos senon hai que voltar a empezar). 
un/a campión /na
Agora imos a relaxarnos que ben o merecido o temos. Para elo imos a facer un pouquiño de ioga. 


E...

DESPOIS DE TANTO MOVEMENTO

É MOMENTO DE DESCANSAR E MERENDAR

E...

IMOS A POLA...

LÓXICA-MATEMÁTICA!!


DECOMPOÑER (proceso previo á suma):

Nunha entrada anterior falamos das casiñas dos números que son unha forma divertida de  descompoñer os números.




No círculo de arriba colocaremos o número a descompoñer. neste caso o número 6. E en cada planta da casa os números cos que podemos compoñer un 6: (0 e 6, 1 e 5, 2 e 4, 3 e 3, 4 e 2, 5 e 1, 6 e 0).



 Fai pouco encontramos a casiña do 6 interactiva, con números e cos dedos da man. 





Descompoñer con papel hixiénico:
O papel hixiénico é un recurso que todos temos na casa e que xa ven dividido. Tomamos cada trociño como a unidade. 


Unha actividade moi divertida é facer unha carreira onde o obxectivo non é gañar, é empatar. Neste caso será cos números 2 e 3. A carreira remata cando empaten.


Se poñemos un 2 e un 3, quen vai gañando? O 3, verdade? Se queremos que empaten, que teremos que poñer? Outro 2. 


Pero agora vai gañando o 2. Que facemos? Poñemos outro 3?


Pero así volve a gañar o 3. Haberá que poñer outro 2. 


Finalmente conseguimos o empate! Sabemos que 3 veces 2 e o mesmo que 2 veces 3. 


E agora un traballo de ficha para 5 anos: 






En que brazo da balanza debes colocar o número para equilibrala? Rodea a opción correcta en cada caso.

Verbaliza así: "1 máis 5 é igual a 6" e "6 é igual a 5 máis 1".



E..

CONTINUAMOS


VISITANDO...


OS PARQUES NATURAIS

VISITAREMOS...

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN



ESTE PARQUE ESTÁ SITUADO NA PROVINCIA DA CORUÑA

TEN MOITOS RECANTOS!

PERO...

NON PODEMOS VISITALOS TODOS OS SEUS RECANTOS...

XA QUE...

DEBEMOS DEIXAR ESPAZO A SÚA FLORA E FAUNA!!



FAGAMOS UNHA VISITA VIRTUAL



HAY REDE DE CAMIÑOS, MIRADORES, RUTAS...

SEMPRE NO COIDADO E RESPETO POLA NATUREZA!!

E AGORA IMOS A REALIZAR UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CO MUNDO DA NATUREZA!!

NATUREZA DIVERTIDA

IMOS RECOPILAR PEDRAS, FOLLAS, FLORES DE PLANTAS E ÁRBORES QUE RECOLLEMOS NOS NOSOS PASEOS

CON ESAS FOLLAS E OS DEMAIS ELEMENTOS NATURAIS XOGAREMOS TAMÉN A FACER DEBUXOS E RECREAR ANIMALIÑOS E INSECTOS!



E...

PARA REMATAR O DÍA...

🍞 SANDWICH RISEIRO.🍞






Agora toca cociñar un chisquiño. Mírade que bocadillo con ollos máis simpático! Tamén podedes cambiarlle os ingredientes e facelo ao voso gusto.







3 ANOS!

Unha vez rematada podedes sacarlle foto e pegala na ficha, ou ben facer o debuxo .

4 ANOS!
Escribir os ingredientes e facer un super debuxo do resultado final.





5 ANOS!


Escribir no seguinte modelo que aquí vos deixamos  o título da receita, os seus ingredientes, un pequeno proceso de como o elaborastes, e como non, o debuxo desa receita que quedará de rechupete!!!


Si queredes, podedes facerlle unha foto e ensinar o resultado. 

 ATA O XOVES!!!👄


#UNDÍAMENOS#










No hay comentarios: