martes, 26 de mayo de 2020

ACTIVIDADES PARA O MARTES 26 DE MAIO.

Bos días piruletas!
Comezamos o martes con ganas e moita enerxía e o primeiro que temos que facer é.....moi ben! a nosa asemblea!

PREMEDE AQUÍ PARA FACER A ASAMBLEA


Agora toca darlle ao inglés. Estades preparados? Xenia!
Hoxe imos a comezar con vocablo dos xoguetes. 

1.- primeiro temos que saudarmos para non esquecermos de como se fai en inglés.





2.- Imos ver que tempo fai hoxe. What's the weather like today?





3.- Comezamos co novo vocablo cunha canción moi faciliña. Temos que tentar repetir as frases ao ritmo da música. what is it?Veña piruletas! queremos escoitarvos.




4.- agora imos cunha nova aventura de "Steve and Maggie" para reforzar o vocablo de hoxe sobre os xoguetes. Dangerous Toys



5.- Para rematar a clase de hoxe imos facer un cubiño que tedes que colorear, recortar e pegar para poder xogar. Unha vez feito podedes practicar con este pequeno xoguete todo o vocablo aprendido.





E DESPOIS DE DESCANSAR E MERENDAR.......


Continuamos coa nosa AVENTURA PIRATA. Chegou o momento de facer o noso refuxio pirata.



Agora fagamos unha actividade sobre o noso refuxio, pero sobretodo podemos usalo sempre que o precisemos.




E AGORA....

E SEGUIMOS...

VISITANDO...


OS PARQUES NATURAIS

VISITAREMOS O INVERNADEIRO



ESTE PARQUE ESTÁ SITUADO NA PROVINCIA DE OURENSE

SE QUERES VIVIR UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE ESTE É O LUGAR PARA OS QUE DESFRUTADES DA NATUREZA!!

UNHA EXTENSIÓN CHEA DE MONTAÑAS, PAISAXES VERDES E ROCOSOS
E POR SUPOSTO...
GRANDE DIVERSIDADE DE FAUNA
COMO...

O ARMIÑO
O JABALÍ
A MARTA
O LOBO

E ADEMAIS...

PODEDES DESFRUTAR DE 6 RUTAS MÁXICAS NAS QUE DESCUBRIR A FAUNA E A FLORA!!

COIDADO E RESPETO DA NATUREZA!!





FAGAMOS UNHA VISITA VIRTUAL!!



E AGORA IMOS A REALIZAR UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CO MUNDO DA NATUREZA!!

LOBO, LOBIÑO!!

SABEMOS QUE VOS ENCANTAN OS ANIMAIS!!

E HOXE...

IMOS REINTERPRETALO!!!

CON MATERIAIS DE RECICLAXE!!

VEXAMOS ESTE VÍDEO







REMATAMOS CON...

  ANIMAIS MARIÑOS!!!







Hoxe propoñévosmos facer animais mariños: o cabaliño de mar e o polbo.

Para o polbo non precisades explicacións. Se non tedes papeis de madalenas, podedes facerlle a forma a un papel calquera. As tiras tedes que enrollalas primeiro, para que lles quede esa forma e pegalas por dentro da "madalena".
Para os cabaliños de mar podedes usar platos de cartón, se os tedes. Se non , con papel e decorando quedarán xeniales.Se alguén o precisa, deixamos un debuxo.
Esperamos as vosas fotos dos traballiños!!!



                                                                        
                                                                

                                                                            

Rematamos a xornada de hoxe co conto:" EL PEZ ARCO IRIS".Un biquiño forte. ATA MAÑÁ!!!👄👄






#XUNTOSPODEMOS#

                      


No hay comentarios: