viernes, 15 de junio de 2018

Illa de San Simón

O pasado mércores os nenos e nenas de infantil fumos de visita á Illa de San Simón.

Primeiro pasamos polo museo de Meirande onde aprendemos algunhas cousiñas sobre a batalla de Rande e dende alí collimos o barco á illa.

En San Simón fumos coa guía percorrendo e descubrindo curiosidades sobre a illa á vez que íamos xogando con ela.

Foi un día moi entretido e a viaxe en barco foi emocionante!

Podedes clicar nesta foto para acceder á galería de imaxes:


1 comentario:

Adela (mamá de Marina y Julia) dijo...

Para Julia foi unha grande experiencia.
Chegou entusiasmada contando que na illa de San Simón houbo unha "escola de piratas" para nenos orfos ;)