lunes, 20 de noviembre de 2017

Canto encargado!

Tiñamos pendente dende principio de curso ensinarvos como facemos as novas rutinas pola mañá e como repartimos aos múltiples encargados que temos na clase. Pois xa non tedes que agardar máis!

Este curso hai 13 tarefas, para 13 compañeiros que somos cada día.
Seguimos tendo ao encargado principal que é o que pasa lista, comproba o día que é, o tempo que fai, reparte o material de clase… E despois temos diversos encargados axudantes: o que explica o horario do día coas clases que teremos, o que rega e coida as prantas, o que chama a casa para ver porque non viron os compañeiros ou compañeiras que faltan, o que fai fotos do que facemos no cole, os encargados de comprobar que os recunchos estén en bo estado, o de asuntos exteriores para facer os recados que precisemos fora da clase, o acomodador que coloca os coxíns na asamblea (este ano en lugar de alfombra, temos cada un o seu coxín decorado e personalizado), e o vixiante das normas.

Así cada un ten a súa tarefa e a súa responsabilidade cada día.

E despois de facer as rutinas e tarefas na asamblea, empezamos a traballar cos números, letras, inglés, música, psicomotricidade, proxecto… o que toque según o horario.

Así cada día somos un pouquiño máis autónomos, un pouquiño máis maduros e, en definitiva, un pouquiño máis maiores.

No hay comentarios: